Algunhas maos

Rico Prieto, Belén

Editorial: Trabe

ISBN: 9788480536387

Publicación: 2014

Nº de páginas: 68

Precio: 7,00 €.

Primeiro poemario de Belén Rico Prieto, Algunhas maos é unha obra de madurez e bon fer. Os sous poemas, de versos cortos e contundentes, vannos abrindo camín al son dos grandes temas da poesía, que vein sendo os temas centrales da propia existencia: el medo, el paso del tempo, el amor al mundo que nos rodea… Entre elos, ocupan un sito d’altura a casa y a propia lingua, esta lingua que vén heredada dos abolos e que vai andando, con non poucas dificultades, cara a un futuro incerto.
El poemario preséntase en dúas partes, «El acabo» –con unha única composición, dedicada a José Saramago– y «El empezo», unde a poeta da Veiga bríndanos os demáis poemas, que compóin el cuaderno de bitácora d’un eu poético que quer deixar atrás el dolo que lo anaga e tornar el inverno que lo habita, poñerse al sol na porta da casa unde nacéu e calecer, mentres a súa fala tamén espera a calor d’unhos novos tempos que ye fagan rexurdir.