Unde letras falan. Antoloxia da poesía en galego-asturiano (1891-2006)

Suárez Fernández, Xosé Miguel

Editorial: Trabe

ISBN: 8480534133

Publicación:

Nº de páginas: 169

Precio: 11,00 €.

A poesía en galego-asturiano é úa perfecta desconocida pral máis da xente. Unde letras falan quer dar a conocer úa tradición poética que, así y todo, ten xa máis de cen anos: dende últimos del s. XIX hasta os anos setenta del s. XX un peteiro de xente mantuvo viva a laparada da poesía escrita na lingua tradicional das terras eonaviegas. Dalgús dos sous nomes xa parecían nas antoloxías de poesía asturiana, peró muitos outros foron salindo á luz gracias á investigación feita en hemerotecas y archivos privaos. Ademáis d’úa escoyeta das composicióis conocidas d’estos escritores, bríndanse úas notas biográficas de cada ún d’elos pra situalos nel tempo y nas circunstancias en qu’escribiron. El antoloxía complétase con úa mostra da poesía actual en galego-asturiano que, anque cambíe radicalmente de plantiamentos estéticos y temáticos, é señal de qu’a tradición escrita sigue briza y neta.

Xosé Miguel Suárez Fernández (Mántaras, Tapia 1965) é historiador y filólogo. Ten publicaos ben artículos sobre cuestióis d’etnografía, toponimia y dialectoloxía. Son d’él os libros Vocabulario de Mántaras. Aportacióis al léxico del galego-asturiano (1996) y ¡Xa chegan Os Quirotelvos! Gaiteiros, cuartetos y outros músicos populares nel estremo occidental d’Asturias (2006). Nel campo da investigación literaria vén rescatando autores y escritos en galego-asturiano tanto en artículos y edicióis d’obras —El tío Pepe (2000), d’Alejandro Sela, y El trato (2005), de Francisco F. Arias-Campoamor— como a través da revista Entrambasauguas. Tamén ten publicaos os poemarios Bidureiras d’inverno (1990) y Nas arribadas (1994).